Por lei, non podo baixar a nota na terceira.
Hai quen estará pensando: "E para que facemos as actividades da terceira?", e eu respondo: para aprender. E como quero que aprendades, a quen faga todas as actividades da terceira subireille un punto a media de xuño.
Resulta que algunha xente, está facendo uns traballos e actividades moi bos, que destacan especialmente polo traballadas que están, e sobresaen polo ben redatadas ou ben expostas de forma oral que as presentan, etc. Para esta xente que se esmera por enriba da media, poderá haber unha subida de dous puntos.
Ese é o resumo do asunto. A inspección mandounos redatar un documento a todo o profesorado onde se especifique como imos organizar o ensino na terceira avaliación e como imos avaliar. O que máis vos interesa do tocho que escribín, é esto:
Se algún familiar ten curiosidade por saber qué demo lle contei ao inspector pode ver o tocho enteiro premendo neste enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario