viernes, 17 de abril de 2020

Aviso para as famiilias sobre o terceiro trimestre

Estamos esperando instrucións máis polo miúdo do Ministerio de Educación e da Xunta de Galicia, pero vou comentar o que xa se sabe:

Actividades do terceiro trimestre do CPIP de Castroverde

Segundo acordamos en claustro, celebrado a través da plataforma cisco webex, o próximo luns 20 de abril de 2020 o profesorado do CPIP de Castroverde, inserirá na web do centro unha entrada, na que baixo o título "terceiro trimestre" colgaremos as actividades de cada curso e materia para o último trimestre, en xeral, en bloques de 15 en 15 días, xa que non temos seguridade de se as clases presenciais se poderán restablecer en algún momento, antes da finalización do curso.

Información oficial da que dispoñemos

A falta de máis información, esto é o que se sabe ata o momento:



Preme neste enlace se queres acceder á nota de prensa completa do Ministerio de Educación.Preme neste enlace se queres acceder ás orientacións provisionais da Xunta de Galicia


Quere isto dicir que haberá aprobado xeral?

Non. A norma xeral será pasar de curso sen repetir, pero iso non quere dicir que se teñan aprobadas as materias. Polo que sabemos ata o momento, habilitarán formas específicas para que, por norma xeral, se poida pasar de curso malia non superalas. Isto aínda deben concretalo máis.

Que pasará coas notas da materia de Xeografía e Historia?

As notas da materia de Xeografía e Historia serán, como mínimo, as que tedes no segundo trimestre. As actividades do terceiro trimestre que se publiquen neste blogg a partir do luns 20 de abril de 2020, en bloques de 15 en 15 días, servirán para subir nota, nunca para baixala. En principio, e sempre que non se retomen as actividades presenciais, as actividades servirán para subir un ou dous puntos a nota que xa tedes, sempre tendo en conta as instruccións definitivas da Xunta de Galicia, claro.

Que pasa se alguén non fai ningunha actividade do terceiro trimestre da materia de Xeografía e Historia? E se xa teño un 10, teño que facelas?

É obrigatorio facer as actividades de Xeografía e Historia do terceiro trimestre, pero non facelas non baixará a nota. O que pasará se non as facedes, é que perderedes unha oportunidade de ouro para traballar as competencias básicas, xa que traballaremos competencias que son útiles en todos os cursos da ESO, e contidos que se repiten en primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO.  Procurarei que sexan tarefas entretidas, ademais de útiles. Estamos a vivir un momento histórico e cómpre aproveitalo para aprender. O alumnado que realice as tarefas, entenderá mellor a materia nos próximos cursos, e desenvolverá ferramentas imprescindibles. Serán tarefas pensadas para APRENDER, e aprender sempre servirá para desenvolverse mellor nos próximos cursos.

Que pasa cos contidos que non demos?

Darémolos nos próximos cursos, retocando a programación para dar moi por enriba o menos importante e facerlle sitio ao importante.

Como nos podemos comunicar contigo se temos algunha dúbida?

Podedes poñervos en contacto comigo por teléfono, quen xa o teña ou poda pedirllo a alguén, ou ben por correo electrónico nandacastroverde@gmail.com 
Quen non teña o meu teléfono, nin forma de conseguilo, pode pedirmo por correo electrónico, xa que non quero poñer o meu número persoal nun blogg público. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Pirámide social do Antigo Réxime