Xeografía, historia e arte de 2º da ESO
viernes, 1 de octubre de 2021
jueves, 4 de junio de 2020
Aínda estades a tempo
Aínda quedan dúas semanas por diante. Estades a tempo de entregar os traballos de xeografía e historia. Non vos agobiedes cos prazos. Teño intención de facer unha videoconferencia a semana do 15, e para entón hai que ter vistos os videos.
Ánimo, que xa queda pouco!.
Ánimo, que xa queda pouco!.
martes, 2 de junio de 2020
Actividades do 1 ao 14 de maio. A busca en internet.
.
Esta quincena aprenderemos algunhas ferramentas para buscar de forma máis efectiva en Google.
1. O primeiro que teredes que facer é copiar, imprimir ou sacar una foto co voso móbil a esta "chuleta". Mandádeme a foto da chuleta ao whats app ou a nandacastroverde@gmail.com. E escribides unha frase que me demostre de algunha maneira que vistes o video (xa sei que iso non o demostra, pero fíome de vos). Non borredes a foto que a ides usar.
2. Coa chuleta diante, vedes este video:
Se a alguén lle parece demasiado sinxelo ou quere aprender máis, hai un video máis completo ao que se pode acceder premendo aquí.
E para acceder ao que se di no video avanzado por escrito, premer neste enlace.

Estratexias de busca en Google
Chuleta para ter a man mentres buscamos
1.
Idioma da
busca: castelán.
2. Empregar
as palabras exactas.
3. Ferramentas que facilitan o traballo:
Ø
As
comiñas: busca textualmente esa frase.
Ø Para buscar nunha páxina determinada: Site:www...
Ø
Usar Google como dicionario. Define:esternocleidomastoideo.
Ø
Buscar unha
palabra nun documento “control” e “F” ao mesmo tempo.
Ø
Para
detectar fiabilidade:
§
Páxinas oficiais.
§
Periódicos fiables.
§
Ver que sinale o nome de quen escribiu o
documento.
§
Ver que non teña faltas de ortografía ou mala
sintaxe.
§
Se ven a bibliografía mellor.
§
Usar o sentido común.
2. Coa chuleta diante, vedes este video:
Se a alguén lle parece demasiado sinxelo ou quere aprender máis, hai un video máis completo ao que se pode acceder premendo aquí.
E para acceder ao que se di no video avanzado por escrito, premer neste enlace.
domingo, 17 de mayo de 2020
Actividades para a terceira quincena (ata o 29 de maio)
As actividades para a próxima quincena son 3:
1) Ver este video:
2) Chegoume esta noticia por whats app dun amigo de confianza. Averigua se é certa ou unha fake new:
3) Escolle unha noticia sobre o covid - 19 para que os teus compañeiros e compañeiras investiguen a próxima quincena se son fake news ou noticias verdadeiras. Valen noticias falsas, verdadeiras ou noticias das que teñas dúbida e queiras aproveitar para comprobar a súa veracidade. Valen fotos, artigos, videos... o formato da igual.
Coma sempre podes enviarme as actividades ao meu whats app ou ao correo electrónico nandacastroverde@gmail.com

miércoles, 13 de mayo de 2020
Como calcular a nota de xeografía e historia
A nota final de xeografía e historia en xuño, será a media das dúas primeiras avaliacións.
Por lei, non podo baixar a nota na terceira.
Hai quen estará pensando: "E para que facemos as actividades da terceira?", e eu respondo: para aprender. E como quero que aprendades, a quen faga todas as actividades da terceira subireille un punto a media de xuño.
Resulta que algunha xente, está facendo uns traballos e actividades moi bos, que destacan especialmente polo traballadas que están, e sobresaen polo ben redatadas ou ben expostas de forma oral que as presentan, etc. Para esta xente que se esmera por enriba da media, poderá haber unha subida de dous puntos.
Ese é o resumo do asunto. A inspección mandounos redatar un documento a todo o profesorado onde se especifique como imos organizar o ensino na terceira avaliación e como imos avaliar. O que máis vos interesa do tocho que escribín, é esto:
Se algún familiar ten curiosidade por saber qué demo lle contei ao inspector pode ver o tocho enteiro premendo neste enlace.
lunes, 4 de mayo de 2020
Actividades para a segunda quincena (ata o 15 de maio)
As tarefas para esta quincena (ata o 15 de maio) son:
- Ver este video.
- Escoller tres memes (chistes) desta época da pandemia e mandarme as imaxes.
- Un texto que meteríades na cápsula, xunto co meme, explicándolle o meme á xente do futuro, que igual non o pode entender se lle falta información.

domingo, 3 de mayo de 2020
Actividades da primeira quincena para quen non as fixo aínda
A primeira quincena (ou sexa en abril), había que ver un video e facer un listado das fontes de información que meteríades na nosa cápsula do tempo, indicando se eran fontes escritas, materiais, orais ou iconográficas e porque sería interesante meter esas cousas. Como houbo quen non o fixo aínda, fixen un video máis resumido de só tres minutos. Recordade que podedes enviarme un audio de whats app dicíndome qué meteríades na cápsula e con iso xa cumplides.
Non quero poñer aquí o meu número de teléfono pero o ten todo quisque, preguntádelle a calquera. Ou me preguntades a min o meu teléfono no correo nandacastroverde@gmail.com
Este é o video resumido:
Non quero poñer aquí o meu número de teléfono pero o ten todo quisque, preguntádelle a calquera. Ou me preguntades a min o meu teléfono no correo nandacastroverde@gmail.com
Este é o video resumido:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
. Esta quincena aprenderemos algunhas ferramentas para buscar de forma máis efectiva en Google. 1. O primeiro que teredes que facer é cop...
-
A primeira quincena (ou sexa en abril), había que ver un video e facer un listado das fontes de información que meteríades na nosa cápsula ...